Saturday 18 de May de 2024

1 e 2 de abril TempleStock 2017 XXI Feira de Oportunidades


O 1 e 2 de abril terá lugar a XXI Feira de Oportunidades TempleStock, organizado pola Asociación de Empresarios e Empresarias en colaboración co Concello de Cambre, a súa finalidade é a de ofrecer a oportunidade aos comerciantes de poñer á venda os últimos produtos de tempada contribuíndo á redución do estocaxe, as firmas participantes expoñerán os seus artigos aos mellores prezos da tempada.

A cita terá lugar no polideportivo de O Temple nun amplo horario: de 11:00 h. a 14,30 h. e de 16,30 h. a 21:00 horas e participarán máis de 25 expositores, a maioría do noso concello e limítrofes, de sectores moi variados como moda, calzado, deportes, complementos, roupa infantil, lencería, decoración, artesanía, bisutería, alimentación, etc., que ofertaran produtos cuns descontos que nalgúns casos alcanzarán o 80 %.

Como cada edición haberá sorteos ao finalizar cada xornada con agasallos cedidos polas distintas firmas participantes, para iso entregaranse rifas a todos os visitantes que realicen as súas compras ao longo do fin de semana.

Actividades
Durante a feira dispoñerase dunha zona de lecer con diversas actividades complementarias de Talleres e Exhibicións cos seguintes horarios:

Sábado:
11:00 Taekwondo
11:45 Taichi taller
17:00 Defensa persoal
18:00 Bailes latinos
18:20 Exhibición Taichi

Domingo:
11:30 Talleres de Taichi
18:00 Esgrima histórica

Sorteos:
20:30 horas os dous días